miércoles, 30 de septiembre de 2009

Alexander Rodenbach

Antes de comezar con este artigo, pidolle aos poucos lectores que poida ter, un minuto de silencio por esta xoia desaparecida.


Esta cervexa era unha variante da Rodenbach Classique e foi creada para celebralo 150 aniversario da cervexaría e o seu nome rinde homenaxe ao creador da cervexaría, Alexander Rodenbach (agora pertence ao grupo Palm Breweries).
É unha cervexa roxa de Flandes, non confundir cunha kriek, ainda que sexa
afroitada e teña un marcado sabor agridoce e unha suave acidez (tamén usa cereixas na sua fabricación).

A cor marrón roxiza e o seu equilibrio entre ácido e doce debese a que evolucionaba 2 anos en barrica de roble.


Para finalizar dicir que esta é a cervexa á que deberías invitar a unha moza se non queres fallar, xa que despois dun minucioso estudo realizado non Moucho chegouse a conclusión de que a tódalas mulleres gustáballe esta cervexa. Xa sabemos que estes estudos dependen moito de como se fagan asi que para curarme en saude vou dicir como nos anuncios (ainda que non faga falta xa que xa non se pode degustar), a 9 de cada 10 mulleres que proban a Alexander gustalle. Outro día contareivos o profundo estudo polo que chegamos a conclusión de que aos celtistas non lles gustan os ovos fritidos.


P.D.: comentar que a copa de Alexander que posúo presentareina outro día, inconvintes de improvisar.

3 comentarios:

  1. Que gran cervexa!!!

    Como se adoita a dicir: "Sempre se van os (as) mellores..."

    Vémonos

    ResponderEliminar
  2. Canta razón tes, como me gustaba a min esta cervexa. Outra pena son as que non desaparecen pero son completamente transformadas para adaptalas ao gusto da maioría, como lle pasou a Cuveé de l'Ermitage.

    ResponderEliminar
  3. Outra pena son as que non desapareceron pero que ben podían ter desaparecido do malas que son... iso si que é unha pena!!! :-)
    Vémonos na próxima reunión...

    ResponderEliminar