miércoles, 30 de septiembre de 2009

Alexander Rodenbach

Antes de comezar con este artigo, pidolle aos poucos lectores que poida ter, un minuto de silencio por esta xoia desaparecida.


Esta cervexa era unha variante da Rodenbach Classique e foi creada para celebralo 150 aniversario da cervexaría e o seu nome rinde homenaxe ao creador da cervexaría, Alexander Rodenbach (agora pertence ao grupo Palm Breweries).
É unha cervexa roxa de Flandes, non confundir cunha kriek, ainda que sexa
afroitada e teña un marcado sabor agridoce e unha suave acidez (tamén usa cereixas na sua fabricación).

A cor marrón roxiza e o seu equilibrio entre ácido e doce debese a que evolucionaba 2 anos en barrica de roble.


Para finalizar dicir que esta é a cervexa á que deberías invitar a unha moza se non queres fallar, xa que despois dun minucioso estudo realizado non Moucho chegouse a conclusión de que a tódalas mulleres gustáballe esta cervexa. Xa sabemos que estes estudos dependen moito de como se fagan asi que para curarme en saude vou dicir como nos anuncios (ainda que non faga falta xa que xa non se pode degustar), a 9 de cada 10 mulleres que proban a Alexander gustalle. Outro día contareivos o profundo estudo polo que chegamos a conclusión de que aos celtistas non lles gustan os ovos fritidos.


P.D.: comentar que a copa de Alexander que posúo presentareina outro día, inconvintes de improvisar.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Rochefort serigrafiada

Menuda sorpresa me levei o xoves pasado cando rebuscando entre as botellas de cervexa que teño no faiado, na busca dunha cervexa que me trouxeron fai anos de Etiopía, atopei esta botella de Rochefort serigrafiada que cria perdida. Xa que a primeira destas que conseguín acabou rota no chan do baño da universidade e non sabía que conseguira outra.


A miña idea para este artigo era facer unha comparativa entre esta botella e as novas coas suas etiquetas, pero cando fun a despensa na busca das botellas actuais dinme conta de que tiña a Rochefort Vermella e a Azul pero faltabame a Verde. Asi que hoxe presentarei esta botella e deixarei para outro artigo as botellas actuais.



Rochefort é unha cervexa belga trapense feita na Abadía de Notre-Dame de Saint-Rémy, cerca da localidade de Rochefort, na provincia de Namur.



A denominación trapense (o trappist) teñena so seis cervexeiras no mundo, cinco delas belgas e unha holandesa, para mantela o proceso de fabricación debe ser como o utilizado polos monxes dos monasterios antano e usar so productos naturais (os extratos estan prohibidos).
Existen tres tipos de cervexa Rochefort, todas elas elaboradas a base de duas maltas (Pilsen e Munich), zucre candeal e dous tipos de lúpulo (Hallertau e Styrian Goldings) que se engaden duas veces durante o proceso de elaboración.

Cando as botellas eran serigrafiadas como a que vemos hoxe, estas 3 variedades diferenciabanse so polo tapón.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Ambar 1900 Edición Especial Héroes del Silencio

Hoxe fai unha semán que escribín o meu primero artigo, por agora se dou subido una actualización semanal dou cun canto nos dentes.

Hoxe non vou deixar o mundo da cervexa, pero eille dar un toque musical. Para elo vou utilizar un pack Especial que sacou a cervexería aragonesa La Zaragozana (Cervezas Ambar) para celebrala volta aos escenarios no ano 2007 do grupo aragonés mais famoso (con permiso de Labordeta). Efectivamente Los Héroes del Silencio, este grupo produce dous sentimentos encontrados, uns ámanos por riba de todo e outros non os poden ver (sobretodo ao seu cantante). Teño que recoñecer que eu pertenzo a este númeroso segundo grupo, ainda que cantei na miña vida moitas veces "Entre dos tierras..." e incluso acudín a un concerto que ofreceron nas Festas do Corpus de Ourense, cando os concertos tiñan lugar na intersección da Rúa da Sainza e a Rúa Coruña. Pero cando se trata de productos cervexeiros raros non me podo resistir, ademais estaba de oferta (quedaballe mes e medio para caducar) nun das moitas visitas que fixen ao Hipercor de Santiago o ano pasado.



Para este pack conmemorativo da xira mundial do 2007 de Los Héroes del Silencio, La Zaragozana S.A. diseñou 6 etiquetas para vestir ao seu producto máis especial, a cervexa Ambar 1900.
Esta cervexa é unha Pale Ale de color pálido con pouco gas e un sabor suave e 4,8% alc vol, nada que ver coas típicas Pale Ale británicas coas que comparte o método de elaboración (alta fermentación) que é o que lle da o nome de Ale.

5 desas 6 etiquetas están adicadas a discos do grupo e a outra á xira mundial que os levou por Guatemala, Bos Aires, Los Ángeles, Mexico DF, Zaragoza, Sevilla e Valencia.


Os discos escollidos para ilustrar as etiquetas foron:

- El Mar No Cesa (1988), a contraportada
- Senderos de Traición (1990)
- El Espíritu del Vino (1994), na sua edición xaponesa
- Avalancha (1995)
- El Ruido y la Furia (2005)


E para rematar o artigo de hoxe, foto da chapa que pechaba estas botellas:



Volvo pedir disculpas pola calidade das fotos, intentarei solucionalo nas próximas actualizacións.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Cervexaría O Moucho

Hoxe fai un mes anunciei que despois de moito tempo dandolle voltas ía inagurar un Blog. O tempo pasaba e non publicaba nada, a xente preguntabame cando ia escribir algo, pois hoxe aproveitando que é 9 de Setembro e o Señor Chicho está de cumpleanos, vouno inagurar adicandolle o meu primeiro artigo ao Moucho.



Que ninguén espere grandes artigos xa que a literatura non é o meu, ainda que voulle por gañas. Esta vai ser unha xanela aberta as miñas inquedanzas, vicios e manías. Espero que vos goste e se tedes alguna suxerencia non dudedes en dicirma.

O dito, o artigo de hoxe é sobre a CERVEXARIA O MOUCHO, sita na rúa Concordia (anteriormente coñecida como Capitán Eloy) no número 17. Para acceder a ella hai que baixar unhas escaleiras, a porta no e moi grande e o cartel da entrada non chama moito a atención xa que non e luminoso e está nunha zoa con moitos e moi grandes. Antes sempre que alguén me preguntaba sempre dicía que a porta estaba oa lado do Baladrón, pero agora dende que cerrou a miña resposta é que está case enfronte do Xesteira. Un referente na vida ourensá, primeiro cando era cine e agora que é unha das cafeterías máis grandes da cidade.

Fronte ao tamaño, O Moucho ofrece amabilidade, cercanía, bo trato, tranquilidade e o mellor unha boa carta de cervexas e unha mais que aceptable oferta de cervexas de billa. Cun bo movemento, o que fará que as vosas cervexas estean sempre nun estado óptimo, dicir que no Nadal e no verán soe taer algunha cervexa especial para o disfrute dos seus clientes. Os que me coñecedes sabedes que cando falo do Moucho non son obxetivo (é a miña segunda casa, e nun momento da miña vida chegou a ser a primeira. Pasaba mais tempo alí que na miña casa e na biblioteca xuntos) pero os que vaiades poderedes comprobar que todo esto é certo.

A min O Moucho recordame moito a Cheers, non só polo detalle que vos comentaba antes, de ter que baixar unhas escaleiras para acceder a el, se non porque cando chego saudanme polo meu nome, saben o que vou tomar, e tamén polos seu persoaxes fixos que ocupan a barra.



Como xa dixen antes O Moucho é a miña segunda casa, comecei a ir cando abriu, ía os venres cos meus compañeiros do instituto. Eles deixaron de ir i eu acudía puntualmente case todos os venres, despois comecei a ir a tomalo almorzo, e finalmente rematei como camareiro (agora volvo ser un simple cliente, ainda que moita xente coñeceme como o que nunca se foi).

No Moucho comezou o meu amor pola cervexa, alí fixen novos amigos, paparotas memorables, madurei, aprendín a morder a lingua (o de que o cliente sempre ten razón e a mentira máis grande que oín na miña vida) e moitas cousas máis. Tamén teño moita anécdotas, da que se lembra todo o mundo é da do zume de piña, pero existen moitas máis.

Por todo esto creo que é de recibo inagurar este Blog con este artigo. Falemos un pouco do Moucho, o dono e cabeza visible e O Chicho (todos o coñecen asi ainda que ese non sexa o seu verdadeiro nome), a decoración non é como noutras cervexarías un compendio de artigos cervexeiros (ten os seus espellos cervexeiros, as suas chapas anuncio e incluso un rincón con botellas e latas de cervexa, estas últimas regalo dos clientes), se algo chama a atención son os centos de Mouchos que hai nas suas estanterías e que son todos regalos dos seus clientes, a maioría veñen dos viaxes destes polo mundo adiante.



As outras persoas que están detras da barra son Paula e Jesús, que nos poñerán con gusto calquera das cervexas de billa que lle pidamos. A día de hoxe podemos disfrutar da Pilsen orixinal, Pilsner Urquell da Rep. Checha, da cervexa de abadia belga Leffe na súa versión Rose e da Weissbier alemá Franziskaner a esta última non creo que lle quede máis dunha semán, xa que a tempada de verán xa rematou. Posiblemente sexa sustituida por unha cervexa potente como a holandesa La Trappe Triple, na sua denominación Dominus.



I esto e todo por hoxe, espero vervos tomando unhas cañas (ou un café) na barra deste peculiar local.


As fotos no son gran cousa, a fotografía tampoco é o meu e a cámara tampouco axuda moito.