miércoles, 23 de septiembre de 2009

Rochefort serigrafiada

Menuda sorpresa me levei o xoves pasado cando rebuscando entre as botellas de cervexa que teño no faiado, na busca dunha cervexa que me trouxeron fai anos de Etiopía, atopei esta botella de Rochefort serigrafiada que cria perdida. Xa que a primeira destas que conseguín acabou rota no chan do baño da universidade e non sabía que conseguira outra.


A miña idea para este artigo era facer unha comparativa entre esta botella e as novas coas suas etiquetas, pero cando fun a despensa na busca das botellas actuais dinme conta de que tiña a Rochefort Vermella e a Azul pero faltabame a Verde. Asi que hoxe presentarei esta botella e deixarei para outro artigo as botellas actuais.



Rochefort é unha cervexa belga trapense feita na Abadía de Notre-Dame de Saint-Rémy, cerca da localidade de Rochefort, na provincia de Namur.



A denominación trapense (o trappist) teñena so seis cervexeiras no mundo, cinco delas belgas e unha holandesa, para mantela o proceso de fabricación debe ser como o utilizado polos monxes dos monasterios antano e usar so productos naturais (os extratos estan prohibidos).
Existen tres tipos de cervexa Rochefort, todas elas elaboradas a base de duas maltas (Pilsen e Munich), zucre candeal e dous tipos de lúpulo (Hallertau e Styrian Goldings) que se engaden duas veces durante o proceso de elaboración.

Cando as botellas eran serigrafiadas como a que vemos hoxe, estas 3 variedades diferenciabanse so polo tapón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario