Mostrando entradas con la etiqueta Botella. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Botella. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de septiembre de 2009

Alexander Rodenbach

Antes de comezar con este artigo, pidolle aos poucos lectores que poida ter, un minuto de silencio por esta xoia desaparecida.


Esta cervexa era unha variante da Rodenbach Classique e foi creada para celebralo 150 aniversario da cervexaría e o seu nome rinde homenaxe ao creador da cervexaría, Alexander Rodenbach (agora pertence ao grupo Palm Breweries).
É unha cervexa roxa de Flandes, non confundir cunha kriek, ainda que sexa
afroitada e teña un marcado sabor agridoce e unha suave acidez (tamén usa cereixas na sua fabricación).

A cor marrón roxiza e o seu equilibrio entre ácido e doce debese a que evolucionaba 2 anos en barrica de roble.


Para finalizar dicir que esta é a cervexa á que deberías invitar a unha moza se non queres fallar, xa que despois dun minucioso estudo realizado non Moucho chegouse a conclusión de que a tódalas mulleres gustáballe esta cervexa. Xa sabemos que estes estudos dependen moito de como se fagan asi que para curarme en saude vou dicir como nos anuncios (ainda que non faga falta xa que xa non se pode degustar), a 9 de cada 10 mulleres que proban a Alexander gustalle. Outro día contareivos o profundo estudo polo que chegamos a conclusión de que aos celtistas non lles gustan os ovos fritidos.


P.D.: comentar que a copa de Alexander que posúo presentareina outro día, inconvintes de improvisar.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Rochefort serigrafiada

Menuda sorpresa me levei o xoves pasado cando rebuscando entre as botellas de cervexa que teño no faiado, na busca dunha cervexa que me trouxeron fai anos de Etiopía, atopei esta botella de Rochefort serigrafiada que cria perdida. Xa que a primeira destas que conseguín acabou rota no chan do baño da universidade e non sabía que conseguira outra.


A miña idea para este artigo era facer unha comparativa entre esta botella e as novas coas suas etiquetas, pero cando fun a despensa na busca das botellas actuais dinme conta de que tiña a Rochefort Vermella e a Azul pero faltabame a Verde. Asi que hoxe presentarei esta botella e deixarei para outro artigo as botellas actuais.



Rochefort é unha cervexa belga trapense feita na Abadía de Notre-Dame de Saint-Rémy, cerca da localidade de Rochefort, na provincia de Namur.



A denominación trapense (o trappist) teñena so seis cervexeiras no mundo, cinco delas belgas e unha holandesa, para mantela o proceso de fabricación debe ser como o utilizado polos monxes dos monasterios antano e usar so productos naturais (os extratos estan prohibidos).
Existen tres tipos de cervexa Rochefort, todas elas elaboradas a base de duas maltas (Pilsen e Munich), zucre candeal e dous tipos de lúpulo (Hallertau e Styrian Goldings) que se engaden duas veces durante o proceso de elaboración.

Cando as botellas eran serigrafiadas como a que vemos hoxe, estas 3 variedades diferenciabanse so polo tapón.